Publicador de contidos
Publicador de contidos

A prisión o Rambo galego

G24.gal 03/02/2022 17:06

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol, en funcións de garda, fixo efectivas as dúas requisitorias de ingreso en prisión de Alfredo Sánchez Chacón, coñecido popularmente como o Rambo galego.

Foi detido sobre as 00:30 horas deste xoves en Loira, Valdoviño, para a execución de dúas sentenzas condenatorias, unha da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, por un delito de asasinato, e outra do Xulgado do Penal número 5 de Valencia.  

O detido cumpría condena por ambos os casos, pero non se reincorporou á prisión despois dun permiso ordinario, polo que os dous órganos xudiciais emitiron as requisitorias.

Investigado por un delito de roubo e atentado

En canto aos feitos concretos polos que pasou este xoves á mañá á disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol, a maxistrada decretou a súa posta en liberdade e a Fiscalía non solicitou o seu ingreso en prisión.  

Iso si, pasa a estar investigado por un delito de intento de roubo e por outro de atentado. O detido acolleuse ao seu dereito a non declarar.

Investigación  

Con respecto ao resto de feitos delituosos, roubos e furtos de que é sospeitoso, a Garda Civil comunicou ao xulgado que realizará un atestado ampliatorio, e por tanto só pasou á disposición xudicial polos feitos de Valdoviño.  

Ademais, o Xulgado de Instrución número 1 de Chantada (Lugo) emitira unha orde de procura, detención e presentación debido a que o sospeitoso non se presentou cando foi citado para declarar como investigado por un delito de quebrantamento de condena.

Tal e como ordenara o órgano de Chantada cando emitiu a orde, pasou á disposición xudicial e decretouse a súa posta en liberdade por estes feitos. Tamén se acolleu ao seu dereito a non declarar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade