Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha tubaxe de auga rebenta e causa problemas de subministración no Salnés

Unha tubaxe de auga rebenta e causa problemas de subministración no Salnés

A avaría causou problemas de subministración aos veciños de Meaño, Sanxenxo e O Grove

Mañá comezan as obras para reparar a tubaxe baixo a ponte de Castrelos

G24.gal 16/04/2024 13:35

Un aparatoso rebentón na condución de auga baixo a ponte de Castrelo, en Cambados, puxo en perigo a rede de abastecemento no Salnés. A mancomunidade traballa contra o reloxo para reparar a tubaxe que compromete a subministración de auga en Meaño, Sanxenxo e O Grove.

A rotura da condución baixo a ponte, a uns dezaseis metros sobre o río Umia, provocou unha gran fuga de auga que obrigou a cortar a condución, que foi restablecida pero que está a causar problemas aos veciños nos últimos días, ata que se cometan as obras para a súa reparación.

É a avaría máis grave dos últimos anos na rede comarcal de abastecemento, e arranxala vai ser complicado. Mañá comenzará a montaxe dunhas estadas en altura para rematar as obras ao longo desta semana. 

A auga caía a esgalla tras a ruptura da tubaxe. Os veciños de Sanxenxo, O Grove e Meaño sufriron as consecuencias inmediatas en forma de corte da subministración para evitar que caera máis auga ao río Umia. No caso de Meaño, ao estar nun nivel máis elevado, están a sufrir estes días cortes puntuais e perda de presión. Unha avaría moi grave que está en vías de solución.

O presidente da Mancomunidade, David Castro, di que "cortarase esta estrada, colocaranse todos os andamios, é unha tubaxe que pasa por debaixo da ponte. Estamos enriba do río e ten moita complexidade, e hai que dicir que ten  moitas toneladas, polo que  aquí se necesitan guindastres para arranxar esa avaría".

A rede comarcal conta con dúas tubaxes xerais, polo que se puido garantir o abastecemento na maior parte das localidades afectadas. No que todos coinciden é que, malia a gravidade da avaría, todo puido ser moito peor se pasase en pleno verán, cando a poboación e o consumo de auga se multiplican exponencialmente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar