Cargando resultados...
O regatista Alberto Viejo recupérase na UCI dun accidente mentres se adestraba na ría de Vigo
O regatista Alberto Viejo recupérase na UCI dun accidente mentres se adestraba na ría de Vigo
Quedou enganchado a un dos temóns e perforou a aorta, o ril, a boca do estómago e o bazo
Imaxe de arquivo
G24.gal
18/01/2022 13:51
Susto monumental na ría de Vigo, onde esta fin de semana un accidente estivo a piques de lle custar a vida ao regatista Alberto Viejo.
O deportista vigués, tripulante oficial do Bribón, co que foi campión do mundo en 2017, caeu ao mar mentres se adestraba. Quedou enganchado a un dos temóns e perforou a aorta, o ril, a boca do estómago e o bazo.
Levar o traxe de neopreno foi vital para que hoxe se estea a recuperar no hospital despois de ser intervido de urxencia.