Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rescatado en Malpica salvouse ao quedar na balsa resgardado nunha furna

O rescatado en Malpica salvouse ao quedar na balsa resgardado nunha furna

Un pesqueiro de Malpica alertou a Salvamento ao ver o veleiro Prudence nas pedras

A muller falecida estivo uns minutos agarrada a unha táboa

O Helimer 402 de Salvamento Marítimo rescatou o home
G24.gal 07/07/2022 20:54 Última actualización 07/07/2022 21:41

O Villar Blanco é un dos 37 pesqueiros con permex de nasa de polbo de Malpica. Esta mañá largou unha cacea á primeira hora. Cando volvía a terra ás sete e media da mañá para carrexar a segunda, atopouse co veleiro francés Prudence nas pedras.

César Garrido conta que viron o mastro roto e unha muller na auga agarrada a unha táboa. O outro tripulante, un home, estaba na balsa salvavidas dentro dunha furna. O barco protexíao das ondas. 

O mar batía con forza na zona do espigón de Malpica. Na costa da morte había un aviso amarelo por ventos de forza sete. A muller non tardou en soltarse da táboa á que estaba agarrada.

O veleiro francés Prudence quedou semiafundido nunha zona cerca do espigón de Malpica O veleiro francés Prudence quedou semiafundido nunha zona cerca do espigón de Malpica

Rescate

O Villar Blanco alertou a Salvamento Marítmo, que enviou á zona o Helimer 402 e a Salvamar Betelgeuse. Na operación de rescate tamén participou a Bianca, da Cruz Vermella, e membros de Protección Civil de Malpica por terra.

O home feriuse levemente e foi trasladado no helicóptero ao Hospital Universitario da Coruña en estado de choque. Xa foi dado de alta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade