Publicador de contidos
Publicador de contidos

As escavadoras traballan seguido para abrir un camiño e rescatar a vaca Lola

As escavadoras traballan seguido para abrir un camiño e rescatar a vaca Lola

A evolución da pneumonía e os danos nas patas marcarán a data do rescate

As maquinas continúan picando a pedra para facilitar a súa saída

Marta González Salve 16/11/2021 14:02

As pas e os operarios do Concello picando á man as rochas traballan sen parar para conseguir facilitar o rescate de Lola. Entre os traballos realizados é importante facer un recheo de terra na zona de pendente que ten que salvar a vaca.

Ao outro lado do camiño e a 10 metros de desnivel está Lola, que malia pasar xa 4 noites á beira do río semella ir mellorando pouco a pouco grazas non só aos coidados sanitarios, senón tamén á compaña que Manolo, o seu propietario, lle fixo toda a noite.

Pendente do que diga o veterinario, Manolo prefire agardar ata mañá para facer un novo intento de rescate.

Con toda a veciñanza implicada no seu rescate, mentres a vaca recupera as forzas, as máquinas e os operarios seguirán picando as pedras para que Lola suba con maior facilidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade