Cargando resultados...
O río Mao, que abastece o encoro de Vilasouto, presenta unha cor verdosa
O río Mao, que abastece o encoro de Vilasouto, presenta unha cor verdosa
Preocupa o seu aspecto, que pode deberse á presenza de bacterias na auga
Unhas barreiras anticontaminación impiden que baixe o lodo do desaugadoiro
G24.gal
24/09/2022 14:38
Última actualización 24/09/2022 17:10
Continúa preocupando a cor do río Mao, que se achaca á contaminación da auga. No encoro de Vilasouto, no concello do Incio, o seu aspecto é verdoso como consecuencia da proliferación dalgunha bacteria.
A cor cambia no desaugadoiro do pantano. Alí a auga apréciase máis turbia. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil colocou barreiras anticontaminación para que o lodo non avance.
De baixar, podería ocasionar problemas na fauna e na flora, ademais de afectar á auga da traída de Monforte de Lemos.