Cargando resultados...
O Roncudo volve estar aberto para a Festa do Percebe
O Roncudo volve estar aberto para a Festa do Percebe
A Festa do Percebe terá lugar este sábado
Tras ela, O Roncudo permanecerá pechado ata Nadal
G24.gal
03/07/2024 15:33
É un dos bancos de percebe máis importantes de Galicia e, como é costume, estes días volve estar aberto.
Así, os percebeiros de Corme traballan esta semana no Roncudo, onde apañarán marisco ata o venres e o sábado venderase na tradicional Festa do Percebe.
Este ano, ademais, estará operativo máis días do normal, pois abrirá cinco días en vez dos tres que adoitaba estar dispoñible. Isto débese a que "baixou un pouquiño o número de percebeiros" e "os quilos de percebe teñen que ser os mesmos" para a festa, según conta un dos percebeiros da zona.
É unha oportunidade única para degustar este manxar, xa que O Roncudo quedará pechado ata o vindeiro Nadal.