O Rosal, A Guarda e Camiña buscan crear unha nova eurocidade
O Rosal, A Guarda e Camiña buscan crear unha nova eurocidade
Buscan unha alianza para facilitar a mobilidade e o crecemento das tres localidades e o acceso a fondos europeos
Separados polo río Miño de Portugal, os concellos do Rosal e da Guarda buscan reafianzar a súa cooperación co municipio luso de Caminha. Queren crear unha nova eurocidade no esteiro do Miño. Entre outros, buscan unha alianza para facilitar a mobilidade, especialmente danada dende que hai anos deixou de funcionar o transbordador entre A Guarda e Camiña.
A experiencia doutras eurocidades próximas fai que os veciños aposten por este tipo de unións en que poden compartir espazos deportivos ou programación cultural. Confían en que esta alianza facilite o crecemento das tres localidades e o acceso a fondos europeos. Este mes a proposta irá a pleno nos tres concellos, co obxectivo de que sexa unha realidade o antes posible.