Publicador de contidos
Publicador de contidos

O salón do cómic Viñetas desde o Atántico rende homenaxe este ano ás mulleres

O salón do cómic Viñetas desde o Atántico rende homenaxe este ano ás mulleres

As pioneiras da banda deseñada son as protagonistas na edición que botou a andar este luns na Coruña

G24.gal 07/08/2023 21:51

'Mulleriñas do mundo enteiro, unídevos', é o título da exposición coa que Viñetas desde o Atlántico quere renderlle homenaxe ás pioneiras do cómic adulto dos anos 70 e 80 en España. Unha mostra coa que se pretende tamén enlazar a esas pioneiras coas autoras actuais.

"Fixemos unha proposta de catro autoras que están traballando na actualidade que consideramos que, tanto por temática, como por grafismo, como prácticas dentro do mundo da autoedición, pois si que poden enlazarse aínda que non teñan unha xenealoxía directa con estas autoras históricas", di Raquel Jimeno, comisaria da exposición.

Estas autoras marcaron unha ruptura co discurso clásico do cómic para abrirse paso nun espazo maioritariamente masculino.

"O corpo das mulleres foi algo que foi bandeira no mundo do cómic, pero a voz das mulleres non aparecía practicamente e tiñamos que berrar, transgredir, entrar no espazo masculino e abrirnos paso", engade Marika Vila, autora de banda deseñada.

Este ano Viñetas desde o Atlántico reserva tamén un espazo ao cómic galego, concretamente ao coruñés.

"Moitas veces temos posto o punto de mira nos autores e autoras estranxeiros e non somos conscientes de que aquí temos moita xente que está a traballar para outros mercados e é interesante que a xente coñeza quen está aí detrás", di Manuel Cráneo, autor de banda deseñada.

Durante a semana de Viñetas desde o Atlántico haberá máis cun cento de propostas artísticas que inclúen exposicións, música, un ciclo de cinema de animación e obradoiros infantís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos