Publicador de contidos
Publicador de contidos

Secretario xeral do Eixo Atlántico: "Portugal é quen tira do AVE Galicia-Lisboa"

Secretario xeral do Eixo Atlántico: "Portugal é quen tira do AVE Galicia-Lisboa"

Portugal licitará en xaneiro o primeiro tramo da alta velocidade Galicia-Lisboa por 1.900 millóns de euros

O Goberno español licitou en xuño un estudo previo ás obras da saída sur de Vigo
 

G24.gal 22/10/2023 14:13 Última actualización 22/10/2023 14:46

Portugal dá un impulso ao AVE Galicia-Lisboa e licitará en xaneiro o primeiro contrato de plan e obra do primeiro tramo, de 72 quilómetros, por 1.900 millóns de euros. O anuncio chegaba esta semana da man do vicepresidente de Infraestruturas luso.

O secretario xeral do Eixo Atlántico considera que Portugal é quen está a tirar do proxecto e critica a parálise da obra en España e a falta de compromiso do Goberno central. 

"Portugal ten un proxecto claro, ten ordenamento do territorio e aquí en Galicia xa sabemos como están, sobre todo na zona norte, as conexións. Lisboa mira para o sur e mira para o norte do país. Aquí Madrid mira sempre para o Mediterráneo", di Xoán Vázquez Mao.

Indica que mentres na parte portuguesa a alta velocidade comeza a coller ritmo, aquí en Galicia aínda non hai un calendario para esta infraestrutura. Só está licitado un estudo inicial previo ás obras da saída sur de Vigo.

"Portugal está facendo perfectamente o seu traballo, porque o compromiso é claro, e Galicia, neste caso España, fixo o primeiro trámite, licitou o estudo informativo previo. En principio, parece que os tempos poderán cumprirse pero, insisto, porque é Portugal quen está a tirar do carro", remarca.

A construción dunha liña de alta velocidade entre Lisboa e o Porto, que se estenda ata Vigo centralizará boa parte dos investimentos en infraestruturas do Goberno portugués nos anos vindeiros, quen reservaría, segundo publican medios de prensa do país veciño, uns 2.750 millóns do superávit orzamentario para iniciar o AVE Galicia-Lisboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade