O sector da eólica mariña di que falta man de obra cualificada
O sector da eólica mariña di que falta man de obra cualificada
Non atopala pode ser un dos principais obstáculos para o seu crecemento
Foi unha das conclusións do foro organizado en Ferrol para falar do seu futuro
A experiencia no sector naval facilitou o camiño para que a comarca de Ferrolterra sexa hoxe un referente na fabricación de compoñentes para a eólica mariña. Pero dende o sector empresarial alertan de que ese crecemento pode frearse por falta de man de obra cualificada.
Dende a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal din que polas expectativas que hai a nivel europeo e mundial pode haber picos de demanda moi fortes, e a capacidade produtiva é limitada. Se non se capta man de obra esa capacidade produtiva trasladarase a outros países.
Atraer talento a curto prazo, é o reto. Tamén definir un produto propio, con características propias. Investimentos en investigación e desenvolvemento que son esenciais para a expansión desta tecnoloxía.