Publicador de contidos
Publicador de contidos

A industria alimentaria advirte que a seca pode limitar a baixada dos prezos este ano

A industria alimentaria advirte que a seca pode limitar a baixada dos prezos este ano

O informe anual da FIAB recolle un descenso do consumo e dos gasto dos fogares pola inflación

G24.gal 18/04/2023 14:39

Cos prezos dos alimentos un 16 e medio por cento máis caros que hai un ano, cae o consumo das familias.

Primeiro foi a pandemia e deseguido a invasión rusa a Ucraína, que fixo subir o prezo dos cereais. Agora, o sector da alimentación mira ao ceo e bota contas para que a chuvia axude as colleitas e os prezos poidan comezan a baixar.

"Se non hai outros elementos, como nos sucedeu este ano. Se todo se vai tranquilizando, os prezos irán baixando nu prazo moi razoable", asegura Mauricio García de Quevedo, director xeral da Federación de Industrias de Alimentación e Bebidas.

Desde o Goberno recoñecen que a seca está a provocar incerteza. Din que se está seguindo a evolución dos distintos sectores. Os cítricos, a froita de óso e o aceite están no punto de mira.

"Na medida en que a ausencia de precipitacións nos impida ter unha colleita normalizada vai facer que a oferta en determinados produtos poida ser mais escasa. Iso, loxicamente terá algún impacto inflacionista", di Fernando Miranda, secretario xeral de Agricultura e Alimentación.

A inflación déixase sentir tamén no balance da industria alimentaria cunha redución da produción nun un e medio por cento. Con todo, o sector medrou un 4 % en 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade