O sector da pesca busca solucións á caída do consumo de peixe
O sector da pesca busca solucións á caída do consumo de peixe
Na actualidade o peixe representa pouco máis do 3 % da cesta da compra dos españois
Os expertos sinalan o cambio de hábitos da poboación e o seu prezo elevado como as causas principais
A caída do consumo de peixe, un 34 por cento na última década, converteuse nunha das principais preocupacións do sector.
O cambio nos hábitos de consumo e tamén o prezo parecen ser o principal problema de que cada vez consumamos menos peixe, pero non son os únicos motivos.
Outra das solucións pasa por facer o produto máis atractivo para os consumidores.
A busca de solucións ao descenso do consumo de peixe centrou a décima xornada internacional dos palangreiros da Guarda, en que os expertos subliñaron a necesidade de facer máis campañas de promoción do peixe, para o cal pediron a colaboración das administracións.