Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector eólico mariño pide axilidade para a posta en marcha dos parques

O sector eólico mariño pide axilidade para a posta en marcha dos parques

En Galicia hai nove proxectos presentados cunha potencia de 6.000 megawatts

G24.gal 14/02/2023 14:46

O 2023 será un ano clave para a enerxía eólica mariña. O obxectivo de España é contar con ata 3 xigawatts instalados en 2030, a capacidade de tres centrais nucleares. Na costa de Galicia hai ata cinco zonas definidas para instalar os parques e nove os proxectos xa presentados. Unha oportunidade para potenciar a innovación tecnolóxica e a industria galega.

"Todos coincidimos en Galicia en que necesitamos moita man de obra cualificada. Aínda estamos a tempo de formala", din desde o sector.

O sector ten a vista posta na normativa legal que o Goberno ten pendente de aprobar para regular os proxectos que finalmente sairán adiante. Os promotores piden axilidade para non perder a oportunidade que xa é unha realidade en Europa: "Todo depende que se convoque  a subhasta a finais de ano. Se se atrasa máis todos os prazos incumpriranse".

O obxectivo, seguir avanzando na transición ecolóxica que marca a Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade