Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector galego da madeira aposta pola construción para o seu crecemento industrial

O sector galego da madeira aposta pola construción para o seu crecemento industrial

A industria aposta por mesturar esta materia prima co aceiro e o cemento

G24.gal 10/10/2023 14:56

A produción de coníferas en Galicia representa tres cuartas partes do PIB, do emprego e da facturación no sector forestal. É clave na transformación industrial e ten na construción en madeira un reto que comparte co resto de España e do que este martes se falou nunha xornada en Santiago

Federico Saiz, presidente de Baskegur, sinala que "esa construción en España entre o un e dous por cento e a media en Europa entre o 20 e o 30 por cento eu creo que fala por si soa. Eu creo que é unha mala noticia pero ao mesmo tempo é unha grande oportunidade".

Nesa oportunidade o sector galego aposta por mesturala coa aceiro e o cemento. E pide unha regulación que eleve a cota de madeira o 20 % na vivenda de protección oficial.

José Carballo, presidente da Fundación Arume, di que "parécenos unha cota básica: pero ademais desa cota propia deben contribuír aos materias que hoxe se usan na construción a través da maridaxe. Achega industrialización, que é o reto que ten a industria da madeira e achega baixa pegada de carbono".

Nese camiño traballa o Goberno galego. O Conselleiro do Medio Rural, José González explica que: "coa finalidade de traccionar aínda máis a demanda. O vindeiro ano fixarase unha porcentaxe de novas edificacións da administración autonómica que deberán estar feitas en madeira estrutural".

En Barcelona levántase a promoción pública de vivendas en madeira máis alta de España. É madeira galega. Daniel Ibáñez, director do Instituto de Arquitectura avanzada de Cataluña, defende que "a construción do noso edifico axuda a demostrar que o país está preparado para abordar este reto da construción e edificación en madeira maciza". 

Arquitectos como Cheeperfielp recoñecían o que custa convencer os clientes para usar a madeira, un elemento que é xa estrutural nos seus proxectos, como o do Pazo de Lourizán en Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade