Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector hostaleiro prepárase para unha das mellores xornadas do ano

O sector hostaleiro prepárase para unha das mellores xornadas do ano

A Noite de Reis reúne grupos de familiares e amigos

Desde unha cea especial ata cotillón e circuíto termal

G24.gal 05/01/2023 14:16

Coas reservas completas para esta noite, o día comeza cedo na hostalería. Antes de entrar á cociña, hai que encher a neveira.

Javier Outumuro, hostaleiro de Ourense: "Levo entrecosto e cabrito. Hai que empezar cedo porque hai que facer acopio de mercadoría. Como cae en fin de semana, aínda se fai máis longo".

Por diante, unha xornada intensa, das mellores noites do ano para o sector, pero tamén das máis traballosas. Pablo xa non vai saír da cociña ata ben entrada a madrugada.

"O plan é estar aquí todo o día metido co meu equipo, que se vai ir incorporando pouco a pouco. O Nadal en xeral é de moito traballo, desde o 25 ata pasar Reis. Mañá tamén é un día importante, porque a xente sae comer fóra", sinala Pablo Fernández, chef do balneario de Laias.

Aquí hai menú pechado, especial para a ocasión. Zamburiñas, pescada cociñada a baixa temperatura, cordeiro prensado... unha cea á altura da Noitevella: "As dúas son ceas de gala, pero fin de ano é máis exclusiva. Reis é máis familiar", sinala Pablo.

Distintas opcións

Para darlles cabida a todos os gustos e presupostos, o sector hostaleiro ofrece paquetes con diferentes prezos e servizos que se foron adaptando á crecente demanda desta noite. Aquí, por exemplo, inclúe masaxe e sesión de spa.

Íñigo Atapuerca, responsable de recepción do balneario de Laias: "Tratamentos especiais no balneario para que o día de Reis lle poidamos facer un agasallo tamén ao corpo e non só o estómago".

Iso si, hai que recollerse pronto para que os Reis non nos pillen levantados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade