Cargando resultados...
O sector mar-industria galego acolle con alivio a nova lei de costas do Goberno galego
O sector mar-industria galego acolle con alivio a nova lei de costas do Goberno galego
A normativa garante a seguridade xurídica e a viabilidade das empresas
O sector valora en positivo a simplificación dos trámites do novo regulamento para solicitar permisos e autorizacións
G24.gal
27/04/2023 14:27
Última actualización 27/04/2023 19:03
Centos de empresas tiveron que frear a súa planificación de negocio e paralizar os seus proxectos polos límites impostos polo regulamento de costas do Ministerio de Teresa Ribera.
O sector apoia que a xestión do litoral se faga desde Galicia cunha norma propia adaptada á realidade da nosa costa. Para as empresas do litoral a nova lei do Goberno galego despexa o seu futuro e garante a viabilidade do sector.
Ademais valoran moi positivamente a simplificación dos trámites que contempla o novo regulamento para solicitar permisos e autorizacións.