Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector pesqueiro galego está preocupado polo previsible recorte de ata un 28 % na cota da pescada

O sector pesqueiro galego está preocupado polo previsible recorte de ata un 28 % na cota da pescada

É un dos asuntos que se negociarán a próxima semana no Consello de Ministros de Pesca, no que a Unión Europea fixará as cotas para 2025

O sector advirte de perdas de ata 80 millóns de euros 

G24.gal 03/12/2024 14:51

En Galicia, os portos máis afectados son os de Celeiro e Burela, principais comercializadores de pescada; tamén, aínda que en menor medida, Vigo, que o ano pasado poxou 1.800 toneladas desta especie. A rebaixa de cotas proposta polos científicos europeos é a peor das noticias para estas frotas.  

A próxima semana, o Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea decidirá as cotas para o ano 2025. O sector pide que se teñan en contas máis aspectos a parte dos puramente medioambientais.

Tamén hai incerteza sobre o que sucederá con outras especies igualmente importantes para a frota galega.  

Piden ao Goberno de España que defenda en Bruxelas unhas cotas pesqueiras que aseguren a viabilidade do sector. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade