Cargando resultados...
O sector pesqueiro pide amparo ante o anuncio de Milei de liberar as licenzas de pesca
O sector pesqueiro pide amparo ante o anuncio de Milei de liberar as licenzas de pesca
Alerta dun grave prexuízo para as sociedades mixtas, empresas de capital galego que traballan en países terceiros
G24.gal
19/01/2024 14:43
Última actualización 20/01/2024 10:59
O sector pesqueiro segue con preocupación as últimas reformas que puxo sobre a mesa o Goberno arxentino de Milei que propón a liberalización total do mercado.
É un dos caladoiros internacionais máis importantes para a frota galega que opera. Un informe do Consorcio da Zona Franca e a Universidade de Vigo presentado polo sector rebela que o 90 por cento da produción total das sociedades mixtas de pesca españolas son de capital galego.
Piden a Europa sensibilidade e amparo xurídico para non poñer en risco os investimentos e os intereses pesqueiros galegos na Arxentina.