Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector vitivinícola emprega máis de 10.000 traballadores en 500 adegas de Galicia

O sector vitivinícola emprega máis de 10.000 traballadores en 500 adegas de Galicia

O presidente da Xunta reinvidica a contribución das denominacións de orixe do viño ao emprego, a cultura e a tradición

G24.gal 27/09/2023 20:06 Última actualización 27/09/2023 20:40

O presidente da Xunta destacou este mércores a contribución que realizan as denominacións de orixe do viño ao emprego, a cultura e a tradición galegas. O titular do Goberno autonómico visitou nesta xornada, acompañado polo conselleiro do Medio Rural José González, a adega Casar de Vide, pertencente á Denominación de Orixe Ribeiro.

Unha adega, destacou Rueda, que contribúe a que este ano a vendima estea a conseguir cifras históricas, xa que nestas semanas se recolleron case 76 millóns de quilos de uva, o cal a converte nunha das colleitas máis abundantes da historia de Galicia.

O presidente da Xunta salientou que a D. O. Ribeiro, a máis antiga de Galicia, recolleu 11,4 millóns de quilos no que vai de campaña, fronte aos dez que viñan rexistrando de media nos últimos anos. A este respecto, o presidente da Xunta agradeceu o labor de todos os viticultores e adegueiros por facer que a marca Galicia Calidade siga acompañando a comunidade autónoma e apostar polo rural para xerar riqueza.

Alfonso Rueda lembrou que o sector vitivinícola dá emprego a máis de 10.000 traballadores en toda Galicia en preto de 500 adegas e xera un valor económico de produción en orixe de case 300 millóns de euros. Unha cifras que se complementan con outras actividades como o enoturismo, que cada vez atrae máis visitantes fóra da tempada alta que supón o verán.

O presidente garantiu o apoio do seu Executivo autonómico ao viño galego poñendo en marcha medidas de ordenación, fomento e promoción da actividade para "garantir a súa prosperidade e calidade", á vez que lles desexou ánimo aos profesionais do sector para esta recta final da vendima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade