Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Cidade Vella da Coruña, segundo barrio máis rico de España

A Cidade Vella da Coruña, segundo barrio máis rico de España

No último ano triplicou a renda media bruta

G24.gal 19/10/2022 14:46

Atentos os que vivan na Coruña e teñan o código postal 15.001, que é o que corresponde á cidade vella e parte da Pescadería, porque este é agora o segundo barrio máis rico de España.

Quen o di é a Axencia Tributaria nas estatísticas que acaba de facer públicas. Este barrio en concreto, en relación a exercicios anteriores, triplicou a súa renda media bruta, ata chegar aos case 113.500 euros

E non parece casual, xa que aquí é onde reside, entre outros, parte da familia Ortega, creadora e propietaria do xigante téxtil Inditex.

Para localizar o seguinte barrio galego nesta mesma estatística hai que ir ata o posto 46, onde aparece o barrio de Juan Flórez, situado tamén na Coruña.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade