Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas activa a alerta polos casos de hepatite infantil de orixe descoñecido

O Sergas activa a alerta polos casos de hepatite infantil de orixe descoñecido

En España só hai tres casos sospeitosos en Madrid

O aviso internacional deuno o Reino Unido que ten 72 nenos coa enfermidade

G24.gal 14/04/2022 20:25

Os profesionais de atención primaria e urxencias pediátricas deben estar vixiantes ante posibles casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecido. Galicia non detectou ningún caso pero en Madrid hai tres nenos enfermos cun cadro médico semellante o que presentan 74 pequenos do Reino Unido, o país que activou a alerta a nivel internacional.

"Revisáronse os casos ingleses e hai algún que ten infección por covid e por adenovirus comúns nesta época do ano pero non hai ningunha relación clara con ningún virus coñecido", explicaba Pablo Rojo, infectólogo pediátrico do Hospital 12 de Octubre.

Rubén García, presidente dos pediatras de atención primaria en Euskadi di que a causa máis frecuente das hepatites virais comúns na infancia están descartadas. "Investigan se outros axentes infecciosos poden ou non ter relación, pero tampouco se descartan outras causas de orixe non infeccioso", engade.

 E aínda que hai preocupación, os expertos din que non debe cundir o alarmismo.

 "É un número importante que xerou unha alerta a nivel médico pero a nivel poboacional hai que estar tranquilos porque o número aínda que é significativo non é elevadísimo. Non estamos falando dunha epidemia", aclara o doutor Rojo, do 12 de Outubre. O que teñen claro é que  non ten relación coa vacina da covid.

"Practicamente ningún dos 72 nenos afectados no Reino Unido reicibira a vacina contra o coronavirus polo que pode descartarse como orixe do problema", asegurou o presidente dos pediatras vascos.

A hepatite provoca cansanzo e vómitos. Hai que preocuparse se os síntomas se agravan, hai dor e os ollos se poñen amarelos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade