O Sergas chama a doar sangue, especialmente dos grupos A+ e 0-
O Sergas chama a doar sangue, especialmente dos grupos A+ e 0-
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estima que se precisan case 500 doazóns diarias
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas fixo un chamamento á poboación a que acuda doar sangue. Fixo especial énfase nos grupos A positivo e 0 negativo, que se atopan en nivel baixo.
Ademais, os grupos A negativo, 0 positivo, B negativo e AB negativo están en nivel normal e os grupos B positivo e AB positivo en nivel bo.
ADOS advertiu que nos hospitais hai moitas persoas que precisan dunha transfusión por motivos variados. Así, para poder atendelos, estima que se precisan case 500 doazóns diarias.
Neste contexto, fai un chamamento á poboación para que se achegue ás unidades móbiles que diariamente percorren as catro provincias galegas, así como a algún dos sete puntos permanentes situados nas cidades.