Cargando resultados...
O Sergas chama a doar sangue pola escaseza de reservas, sobre todo do grupo 0 negativo
O Sergas chama a doar sangue pola escaseza de reservas, sobre todo do grupo 0 negativo
Os hospitais galegos necesita unhas 500 doazóns ao día
Anima o conxunto da poboación a que se achegue aos centros ADOS e ás unidades móbiles
G24.gal
30/12/2023 17:30
As reservas de sangue 0 negativo de Galicia atópanse en niveis críticos, e en nivel baixo todos os demais grupos agás o A negativo e o AB positivo.
A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue lembra que a actividade dos hospitais galegos necesita unhas 500 doazóns ao día, e fai un chamamento ao conxunto da poboación para que se achegue aos centros ADOS e ás unidades móbiles, nun momento en que asistimos a un incremento de accidentes de tráfico debido á época festiva.