O Sergas está á vangarda mundial no Desafío da Saúde polo Clima 2023

Acadou 4 medallas de ouro entre as 9 que recibiu 

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
G24.gal 05/12/2023 15:07 Última actualización 05/12/2023 15:33

O Sergas leva máis de 20 anos implementado políticas e transformando os seus centros para loitar contra o cambio climático e mitigar o impacto que ten na saúde das persoas. Comprometeuse coa descarbonización, coa construción de edificios sostibles onde a madeira xoga un papel determinante, pero tamén con centros hospitalarios resilentes ao cambio climático e onde cada vez teñan menos presenza os plásticos. Son todos proxectos internacionais dos que a Comisión Europea está tomando boa nota.

 "O Life Resystal é un proxecto que vai ser o modelo para axudar a todos os sistemas sanitarios en Europa a ser máis resilentes ao clima", apunta a Dra. Beatriz Piñeiro, técnica de Innovación e Sostibilidade en Saúde no Sergas

Todas as áreas sanitarias galegas obtiveron un recoñecemento no Desafío da Saúde polo Clima 2023 no marco do Cumio do Clima de Dubai. Galicia acadou nove distincións. Especial mención ás 4 de ouro. Dúas delas conseguíronas as áreas sanitarias da Coruña e Vigo polo seu esforzo en reducir a pegada de carbono e por mellorar a saúde das persoas sen danar o planeta.

 "E o Servizo Galego de Saúde conseguiu con todos estes premios conseguiu que España estea na cabeza nestes premios a nivel climático internacional, pero é o único sistema de saúde que ten estes premios que ten este recoñecemento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade