Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas lidera en España a carteira de cribados neonatais

O Sergas lidera en España a carteira de cribados neonatais

Ofrece probas de vinte e sete patoloxías e vai incorporar tres máis antes de finais de ano 

G24.gal 19/09/2022 13:46

A coñecida popularmente como a proba do talón, que se lles fai aos meniños acabados de nacer, inclúe xa en Galicia vinte e sete enfermidades ás que agora se suman outras tres.

"As tres probas novas son da inmunodeficiencia combinada grave severa, a atrofiamuscular espiñal conxénita e a hiperplasia suprarrenal conxénita. Con isto Galicia sitúase á cabeza de España entre as Comunidades Autónomas en cribado neonatal", afirma Luz Couce, xefa de servizo de Neonatoloxía e directora da Uniadde Metabólica dio CHUS.

O diagnóstico precoz mellora os prognósticos de todas estas enfermidades, que son raras pero graves e permite a detección antes de desenvolver os síntomas e adiantar os tratamentos.

A proba adóitase facer no segundo día de vida, pero pode facerse ata 72 horas despois do nacemento. Os tres novos cribados saen agora a concurso e o Sergas pretende contar cos aparatos e os medios necesarios antes de finais de ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade