Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un comité do Sergas decidirá que tratamentos son máis efectivos en casos dubidosos de cancro

Un comité do Sergas decidirá que tratamentos son máis efectivos en casos dubidosos de cancro

O comité molecular de tumores forma parte da Estratexia de Oncoloxía de Precisión de Galicia

G24.gal 27/09/2023 14:35

O Sergas porá en marcha esta semana un comité molecular de tumores, onde expertos de todas as áreas sanitarias decidirán que tratamento é máis efectivo en casos dubidosos de cancro. Así o anunciou este mércores a Xunta na presentación da Estratexia de Oncoloxía de Precisión de Galicia, á que asistiu o xefe do Goberno autonómico, Alfonso Rueda. 

Os oncólogos xa non falan de cancro de pulmón ou mama, senón que cada tumor ten o seu nome e apelidos. Niso consiste a medicina de precisión, de facer un tratamento con terapias tradicionais ou innovadoras á medida de cada enfermo. Ante a dúbida, o Sergas contará dende esta semana cun comité molecular de tumores.

"Vai permitir que os expertos que temos en Galicia nesa materia, ante casos dubidosos, poidan opinar de xeito conxunto cal é a mellor alternativa para un doente de cancro", explicou Julio Garía Comesaña, conselleiro de Sanidade.

O presidente da Xunta presentou hoxe a Estratexia Galega de Oncoloxía de Precisión. Alfonso Rueda defendeu que a Xunta seguirá priorizando os investimentos en Sanidade.

"O investimento en Sanidade sempre é rendible. Agora que estamos elaborando os orzamentos, a Sanidade será, sen dúbida, o gasto fundamental, dende o coidado dos profesionais ata dispor dos mellores equipos tecnolóxicos", afirmou Rueda.

O obxectivo da estratexia de oncoloxía de precisión é reducir o impacto do cancro na poboación galega e que todos os galegos teñan acceso aos mesmos sistemas de diagnóstico e tratamento dirixido, vivan onde vivan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade