Publicador de contidos
Publicador de contidos

O socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro di que deben priorizarse as axudas aos viticultores

O socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro di que deben priorizarse as axudas aos viticultores

Destacou en Cambados a importancia que teñen as adegas na dinamización da economía da zona

G24.gal 28/12/2023 16:19

O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, sinalou que o Goberno galego debería "priorizar" as axudas a pequenos e medianos viticultores para fortalecer o sector.

Así o defendeu este xoves durante a visita á Adega Martín Códax, en Cambados.

Alí Gómez Besteiro sostivo que estes produtores son "maioritarios" nunha actividade "estratéxica" para a economía galega.

A este respecto, o dirixente socialista destacou os 7,7 millóns de euros que Galicia recibirá do Goberno central do PERTE Agroalimentario, que irán destinados á promoción en terceiros países ou á reestruturación e reconversión de viñedos, entre outras liñas.

A iso sumou os máis de 29,1 millóns de euros de achegas directas do Goberno axudar ao sector para manter esa "posición de privilexio" no mercado nacional e internacional, lograda a través da innovación e por un produto de "excelente calidade".

O candidato do PSdeG-PSOE reiterou que a viticultura é unha "actividade tractora" que tira doutros sectores económicos nas zonas onde se asenta, contribuíndo a ocupar o rural galego e a frear a perda de poboación que sofren estas áreas.

"Ocupan e rexeneran o territorio, fortalecendo así a economía", subliñou Besteiro, que destacou o labor que realiza o sector do viño para dinamizar a economía e a industrialización de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade