Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sospeitoso dos crimes de Bilbao, á espera de pasar a disposición xudicial

O sospeitoso dos crimes de Bilbao, á espera de pasar a disposición xudicial

A Ertzaintza investiga seis posibles crimes e rexistra o piso do sospeitoso

G24.gal 06/05/2022 21:37 Última actualización 07/05/2022 13:44

Ás 4 da tarde, o detido saía do seu domicilio custodiado por varios axentes. Durante dúas horas, a Ertzaintza rexistrou a vivenda, situada nun edificio de Irún, coa axuda dun can policía. Os ertzainas abandonaron o piso portando unha caixa con roupa e outros obxectos.

O mozo, colombiano de 25 anos, entregouse onte á tarde na comisaría de Irún despois de verse identificado como sospeitoso do asasinato de varios homosexuais, pero negou os feitos que se lle imputan.

O conselleiro de Seguridade do Goberno Vasco, Josu Erkoreka, confirmou esta mesma tarde que está sendo interrogado e que colabora coa Policía. Segundo Erkoreka, a Ertzaintza investiga seis casos en total. Todos en Bilbao.


"Temos un presunto homicidio con proba toxicolóxica. En segundo lugar, dous presuntos homicidios en grao de tentativa e hai aberta unha investigación en relación con tres falecementos certificados como morte natural, pero sen probas de ningún tipo", dixo Erkoreka. 

Non descartan que aparezan mais casos noutros lugares do estado.
Escudándose no segredo do sumario, Erkoreka nin sequera confirmou que o mozo colombiano sexa a persoa que están buscando, aínda que recoñeceu que ten antecedentes.

Erkoreka pediu respecto ao principio de presunción de inocencia e lanzou unha mensaxe de tranquilidade á sociedade, especialmente ao colectivo LGTBI+.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade