Publicador de contidos
Publicador de contidos

O TSXG confirma a condena ao acusado de matar un home no exterior dunha discoteca de Santiago

O TSXG confirma a condena ao acusado de matar un home no exterior dunha discoteca de Santiago

O alto tribunal galego mantivo a condena de 13 anos de cárcere para o autor material do homicidio, mentres que para seu irmán, que agarrou e golpeou a vítima, a pena é de cinco anos de prisión

G24.gal 08/10/2024 14:03

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou este martes a condena ao acusado de matar un home no exterior dunha discoteca de Santiago.

Deste xeito rexeita o recurso da súa defensa contra a resolución da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña que o condenara, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, a 13 anos e medio de cárcere, como autor dun delito de homicidio.

O suceso producírase na madrugada do 2 de xaneiro de 2023, cando, segundo quedou probado, o acusado matou un home de 31 anos, cravándolle unha navalla en varias ocasións, no exterior dunha discoteca da rúa Santiago de Chile, da capital galega.

Ademais, ao irmán do autor material, por agarrar e golpear a vítima, “o que facilitou que lle cravase a navalla”, impúxolle cinco anos de prisión, como autor dun delito de lesións dolosas en concurso cun delito de homicidio imprudente.

En ambos os casos tivo en conta a concorrencia da agravante de abuso de superioridade. A Audiencia tamén os condenou ao pagamento dunha indemnización de 290.000 euros á parella e ao fillo do falecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade