O Special Olympics reparte medallas entre 147 deportistas con discapacidade intelectual
"Quero gañar, mais se non gaño déixame ser valente no intento"
Estes xogos supoñen unha oportunidade para dar a coñecer o esforzo e as capacidades que teñen os deportistas con discapacidade intelectual
Celébranse hoxe en Lugo os Xogos Autonómicos de Natación Special Olimpics, un campionato no que participan 147 deportistas con discapacidade intelectual e no que todas e todos levarán cadansúa medalla para a casa.
Estes xogos supoñen unha oportunidade para dar a coñecer o esforzo e as capacidades que teñen os deportistas con discapacidade intelectual. Para eles, ademais, é un día moi importante no que amosarlle ao público as súas destrezas e, tamén, un día para o encontro cos amigos, para coñecer, viaxar e socializar.
O lema desta vixésimo sétima edición foi o de "quero gañar, mais se non o acado, déixame ser valente no intento"