Publicador de contidos
Publicador de contidos

O supervivente ghanés do Villa de Pitanxo agradece o apoio recibido

O supervivente ghanés do Villa de Pitanxo agradece o apoio recibido

Satisfeito tras conseguir a nacionalidade española, recoñécese apesarado pola perda dos compañeiros no naufraxio

G24.gal 15/10/2022 20:30 Última actualización 15/10/2022 20:53

Unha conmovedora carta é o método elixido polo mariñeiro ghanés Samuel Koufie para agradecer a nacionalidade española que obtivo esta mesma semana.

É un dos tripulantes superviventes do naufraxio do Villa de Pitanxo, que se amosa satisfeito por ter a cidadanía, pero que non deixa de se lembrar dos compañeiros falecidos no naufraxio.

Agradece as "mostras de cariño e ánimo mostrados cara a min, os meus e as familias dos compañeiros que perdín no mar" e a rapidez coa que se tramitou a súa solicitude de nacionalidade.

Samuel Koufie, que defende unha versión distinta do accidente do barco da que ofrecen o patrón e a armadora, ten cinco fillos que viven en Ghana coa súa esposa, Emilia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade