O suposto parricida de Esteiro pasa este luns á disposición xudicial
O suposto parricida de Esteiro pasa este luns á disposición xudicial
O mozo está a prestar declaración esta noite no cuartel da Garda Civil de Boiro
Seguen as investigacións á espera da autopsia que determine a arma homicida
Emotiva despedida ao home de Muros presuntamente asasinado polo fillo
Unha patrulla da Garda Civil trasladaba esta noite o mozo acusado de matar o seu pai en Esteiro desde os calabozos da Garda Civil en Boiro ata o cuartel das forzas de seguridade.
Permanecía custodiado desde a súa detención na vivenda onde localizaron o cadáver do seu pai con signos evidentes de violencia. O equipo da Policía Xudicial de Noia da Garda Civil, que se encarga das investigacións, trata de pechar todo o caso, polo que esta noite están a tomarlle declaración.
Investigación
As pescudas tratan de determinar todos os detalles do acontecido na noite do venres ao sábado no domicilio da vítima, en Esteiro. Estase á espera dos resultados da autopsia practicada ao falecido e de saber cal foi a arma homicida. Fontes coñecedoras do caso indican que probablemente fose unha machada ou un obxecto similar.
A Garda Civil prevé poñelo á disposición xudicial este mesmo luns. Mentres, celebrouse unha emotiva despedida ao pai falecido, moi coñecido na comarca tras dedicarse á hostalaría durante anos. José Manuel Mayo, de 59 anos, foi enterrado este domingo no cemiterio de Esteiro no que residía no mesmo inmoble que o seu fillo, Antonio M. P.
O único detido polo crime publicaba vídeos ameazantes nas redes sociais ás veces con armas na man.