O Supremo estuda a suspensión cautelar da sede da Aesia na Coruña
O Supremo estuda a suspensión cautelar da sede da Aesia na Coruña
Actívase este trámite pola denuncia do concello de Granada sobre a "opacidade" do proceso de selección
A localización da sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia) na Coruña periga. O Tribunal Supremo aceptou estudar a suspensión cautelar da instalación da sede da Aesia tras a petición do concello de Granada.
A cidade andaluza disputaba tamén pola sede, pero tras o proceso de selección do Goberno, A Coruña foi elixida. Desde entón, tanto o Concello granadino como o Goberno andaluz puxeron en dúbida este procedemento. O Concello da Coruña ten agora cinco días para posicionarse sobre a suspensión.
Coa toma da nova alcaldesa de Granada, solicitouse de maneira inmediata a solicitude da medida cautelar de suspensión do proceso que lle outorgou á Coruña a sede da Aesia. Pola súa banda, a alcaldesa coruñesa, Inés Rey, afirmaba que a cidade non perdería a sede, pois “o proceso foi claro, transparente, foi unha decisión técnica quen a decidiu".