Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo rexeita a suspensión cautelar da elección da Coruña como sede da AESIA

O Supremo rexeita a suspensión cautelar da elección da Coruña como sede da AESIA

Impuxo as custas por este incidente ao Concello de Granada, que impulsou esta suspensión cautelar

G24.gal 14/07/2023 13:33

O Tribunal Supremo rexeitou a suspensión cautelar da elección cautelar da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, nun auto do 10 de xullo difundido hoxe, denegou a suspensión cautelar do acordo do Consello de Ministros do 5 de decembro de 2022 que determinaba que A Coruña sería a sede física da AESIA.

Así mesmo, impuxo as custas por este incidente ao Concello de Granada, que impulsou esta suspensión cautelar.

No auto, o alto tribunal considera que non hai riscos de que se produza unha situación irreversible e que tampouco concorre a aparencia de bo Dereito para a adopción da medida cautelar exposta polo Consistorio, que recorreu contra o acordo tamén por cuestións de fondo, ademais da citada suspensión cautelar agora denegada.

A sala aplica o mesmo criterio que no auto denegatorio que resolveu a petición de medidas cautelares respecto á designación de Sevilla como sede da Axencia Espacial Española.

"A situación é a que describe o escrito de solicitude de medidas cautelares e non hai ou non se trouxeron ao proceso elementos que apunten que se están dando pasos irreversibles", sinala.

Como no caso de Sevilla, será  fundamental resolver o fondo do asunto o momento para establecer a procedencia ou non da determinación da sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial antes da súa creación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade