O tempo e as reservas de última hora condicionan a ocupación na Semana Santa
O tempo e as reservas de última hora condicionan a ocupación na Semana Santa
O Clúster do Turismo de Galicia conta chegar ao 80 % e ao 100 % en determinadas zonas nos días centrais da ponte
O ramo do turismo galego conta con acadar uns niveis de ocupación entre o 70 e o 80 % esta Semana Santa. Son datos dunha enquisa realizada esta semana polo Clúster do Turismo que apunta que a meteoroloxía influirá nestas cifras.
"Galicia é un destino moi desexado, con tantas fortalezas. A nosa variedade no turismo rural, hoteis con encanto, a gastronomía e a artesanía excelentes. Semana Santa son dous días fortes pero desexamos poder seguir traballando todos estes meses para desestacionalizar o sector", asegura Jesús Picallo, vicepresidente da organización.
Neste período da Semana Santa hai que contar coas reservas de última hora xa que é un turismo de peregrinos e familiar, de proximidade. Así e todo, prevese unha maior ocupación a partir do Xoves Santo.
"Costa da Morte, Ribeira Sacra, As Catedrais, Arousa, Pontevedra, Vigo, a Ribeira Sacra agora co AVE, con máis frecuencias e espero que un pouco máis barato, parece que se vertebrará".
Os prezos tamén se incrementarán nos días principais da Semana Santa. Na maioría dos aloxamentos coinciden en que aumentarán un 10 % pola suba das materias primas.