Publicador de contidos
Publicador de contidos

O TSXG anula a autorización para construír o parque eólico de Bustelo

O TSXG anula a autorización para construír o parque eólico de Bustelo

O tribunal estima así o recurso interposto pola asociación ecoloxista Adega contra a decisión da Xunta 

G24.gal 20/06/2023 18:44

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a autorización administrativa previa e de construción concedida pola Xunta á empresa Greenalia para o parque eólico Bustelo, situado en Coristanco e Carballo, por non ser conforme a dereito, ao considerar que se produciu unha indebida fragmentación.

Desta forma, o TSXG estimou o recurso interposto pola asociación ecoloxista Adega contra a decisión da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a Xunta de xuño de 2021 concedendo as autorizacións á promotora.

Na sentenza, os maxistrados consideran probado que houbo unha "indebida fragmentación" do proxecto do parque eólico de Greenalia.

Segundo recalcan, do mesmo xeito que na sentenza pola que se anulou, o pasado 1 de xuño, a autorización para construír o parque eólico de Campelo, recoñeceuse abertamente, por parte dos letrados das codemandadas "que se produciu a fragmentación da avaliación ambiental de proxectos de tres parques eólicos: Campelo, Monte Toural e Bustelo".

Uns parques "que, en realidade, non eran autónomos, senón integrados e dependentes entre si, ao compartir estruturas e conexións, a pesar de que as solicitudes se formularon en datas distantes entre si".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade