Publicador de contidos
Publicador de contidos

O TSXG autoriza pedir o certificado covid en hospitais ata o 23 de abril

O TSXG autoriza pedir o certificado covid en hospitais ata o 23 de abril

A medida estaba vixente ata o 9 de abril

Os xuíces avalan a petición de prórroga da Xunta de Galicia polo "incremento do risco" que supón a Semana Santa

 

G24.gal 07/04/2022 17:54

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia autoriza a Xunta de Galicia a prorrogar ata o 23 de abril a esixencia do certificado covid de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica para as visitas a hospitais, residencias de maiores e centros sociosanitarios.

Desta maneira, a medida que tiña vixencia ata o 9 de abril, poderá manterse ata despois de Semana Santa, cando se produce, segundo o alto tribunal,  un "incremento do risco" debido ao "aumento de traslados da poboación e de visitas a residentes e familiares".

Os xuíces inciden en que a prórroga da medida ten por obxecto "garantir a saúde das persoas que presentan unha especial vulnerabilidade e, polo tanto, merecen unha especial protección".

Contra este auto cabe presentar recurso no Tribunal Supremo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade