Publicador de contidos
Publicador de contidos

O verán de San Miguel reina esta fin de semana en toda Galicia

O verán de San Miguel reina esta fin de semana en toda Galicia

Gran contraste térmico entre a primeira hora e o mediodía nas zonas de interior

G24.gal 02/10/2022 13:51 Última actualización 02/10/2022 17:21

Dende este sábado o aire cálido subtropical trouxo o verán de San Miguel, con temperaturas de cinco a dez graos por riba do normal, cando xa as árbores están cheas de outono. Desta volta, aparece con tres días de atraso, porque o santo foi o 29 de setembro.

Con todo, a primeira hora as baixas temperaturas e as brétemas esixen chaqueta. En Lugo, as únicas persoas que van en mangas de camisa pola mañá son as que traballan dándolles os últimos toques ás casetas do San Froilán.

A cidade de Ourense tamén amenceu cunha boa calixe e a xente abrigada con chaquetóns e cazadoras. Segundo medra o día, soben as temperaturas e disípase o neboeiro. Ao mediodía, xa se nota a quentura do sol.

Este fenómeno da grande amplitude térmica entre a madrugada e as horas centrais do día, frecuente nos anticiclóns do outono, deixará de notarse a mediados de semana.

Rías Baixas

En Vigo agardábanse para este domingo 27º e os termómetros aínda subiron dous graos máis nas Rías Baixas. O bo tempo manterase ata o mércores, unha boa tregua antes de que comece o frío e a choiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade