Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xacemento de Tigrás pode ser clave para a historia de Galicia

O xacemento de Tigrás pode ser clave para a historia de Galicia

Os restos téñense que estudar, pero a hipótese é que sexan da época dos suevos
 

G24.gal 13/08/2023 14:22 Última actualización 13/08/2023 14:58

Ante todo hai que ser moi prudentes, pero a importancia deste xacemento a priori é notable.

Estamos no concello de Mondoñedo, en San Vicente de Tigrás, en Combarro.
Miguel é o propietario deste predio. Sempre soubo que no terreo da súa propiedade había restos arqueolóxicos. A principios de agosto empezaron as escavacións.

A poucos metros, noutra sondaxe, apareceron importantes restos que, a falta de estudalo, poderíannos trasladar ao século sexto.

Financiados polo Ministerio de Ciencia, a través de axudas á Universidade de Santiago de Compostela, despois destes primeiros traballos, en función dos resultados do laboratorio e das investigacións, é moi posible que se amplíen as escavacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade