Cargando resultados...
O Xacobeo non morre de éxito: récord de peregrinos e de público nos concertos
O Xacobeo non morre de éxito: récord de peregrinos e de público nos concertos
O auxe de novas variantes do Camiño amplía o impacto económico a máis concellos
G24.gal
01/10/2022 15:30
Cando faltan tres meses para rematar o Xacobeo, batéronse todas as marcas de chegada de peregrinos a Compostela. O impacto económico amplíase a máis concellos polo auxe do Camiño portugués e do inglés e o atractivo da programación cultural paralela.
Medio millón de persoas asistiron os concertos e festivais celebrados en 50 localidades. Xa se traballa para ampliar a oferta de experiencias deste itinerario cultural europeo para os próximos anos e o Xacobeo de 2027.