Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Xeoparque do cabo Ortegal será un dos proxectos propostos para os Next Generation

O Xeoparque do cabo Ortegal será un dos proxectos propostos para os Next Generation

O proxecto promovido pola Deputación da Coruña pretende modernizar a oferta turística do territorio e optar a Xeoparque Mundial da Unesco

G24.gal 10/11/2021 18:17

O proxecto Xeoparque do cabo Ortegal será un dos nove proxectos propostos para acadar os fondos Next Generation asignados a Galicia e dotados con máis de 14 millóns de euros. 

Así o destacou esta mañá o vicepresidente primeiro da Xunta, que puxo en valor a riqueza xeolóxica desta zona, escenario ideal, dixo, para desenvolver o xeoturismo e o turismo de natureza.

O proxecto promovido pola Deputación da Coruña pretende modernizar a oferta turística do territorio para reforzar tamén a súa candidatura para ser declarado xeoparque mundial pola Unesco, unha distinción que en Galicia só acadou ata agora o xeoparque das montañas do Courel. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade