Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz concede o terceiro grao ao extesoureiro do PP Luis Bárcenas

O xuíz concede o terceiro grao ao extesoureiro do PP Luis Bárcenas

O permiso xa lle fora denegado en xullo de 2023

G24.gal 04/03/2024 20:52 Última actualización 04/03/2024 20:59

O xuíz de vixilancia penal da Audiencia Nacional concedeulle ao extesoureiro do PP Luis Bárcenas o terceiro grao penal, que lle fora denegado o 31 de xullo do ano pasado.

Naquel momento, o xuíz desestimou a petición de Bárcenas, que cumprira máis da metade da pena imposta (foi condenado a 29 anos de prisión no seu primeiro xuízo do caso Gürtel pero cun cumprimento máximo de 12).

O xuíz considerou que non se daban "as características persoais e penais que permitían unha vida en semiliberdade en atención á versatilidade delituosa, gravidade dos feitos e distancia en datas de cumprimento", segundo o auto.

Ata o de agora, Bárcenas estaba nun réxime de semiliberdade que lle permitía saír para traballar e durmir no centro de inserción social. O extesoureiro do PP goza de permisos desde marzo de 2021 e participou nun programa de reinserción de delincuentes económicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade