O extesoureiro do PP Luis Bárcenas, en réxime de semiliberdade
O extesoureiro do PP Luis Bárcenas, en réxime de semiliberdade
É posible en virtude da aplicación do artigo 100.2 do regulamento penal, o mesmo do que se beneficiaron no seu momento os presos do procés ou Iñaki Urdangarin
A Secretaría Xeral de Institucións Penais concedeu a semiliberdade o extesoureiro do PP Luís Bárcenas, condenado polo caso Gürtel, quen a partir de agora poderá saír a traballar e durmirá nun centro de inserción social (CIS).
Fuontes próximas a Bárcenas confirmaron o cambio de situación penal do exalto cargo en virtude da aplicación do artigo 100.2 do regulamento penal, o mesmo do que se beneficiaron no seu momento os presos do procés ou Iñaki Urdangarin e que permite unha flexibilización das medidas de cumprimento.
Bárcenas, que cumpriu a metade da pena imposta (foi condenado a 29 anos de prisión pero cun cumprimento máximo de 12), non pasou ao terceiro grao e permanece no segundo, o ordinario, pero con esas medidas flexibilizadas que permiten saír para traballar, facer voluntariado ou coidar a familiares.
Institucións Penais concedeunas a proposta da Xunta de Tratamento da prisión de Soto del Real.
O extesoureiro goza permisos desde marzo de 2021 e, segundo adiantou El País, participou do programa de reinserción de delincuentes económicos (denominado Pideco), implantado en 2020 e o mesmo ao que tivo que someterse Urdangarin para acceder á flexibilización da súa condena, primeiro, e ao terceiro grao máis adiante.