Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz decreta prisión sen fianza para o presunto autor do tiroteo en Maceda

O xuíz decreta prisión sen fianza para o presunto autor do tiroteo en Maceda

 O xuíz considera que hai risco de reiteración delituosa e de fuga

G24.gal 12/01/2023 13:33

O maxistrado do Xulgado de Instrución número un de Ourense acordou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto autor dun delito contra a vida en grao de tentativa de homicidio/asasinato a determinar ao longo da instrución.

Está por ver de momento se se lle imputa un delito de homicidio ou asasinato. A decisión chega despois da declaración este mércores da vítima, tras recibir a alta hospitalaria. O xuíz considera que hai risco de reiteración delituosa e de fuga, polo que decreta o envío a prisión provisional, tal como solicita a acusación particular e a fiscalía. 

O suceso remóntase ao pasado 2 de novembro, cando o presunto agresor compareceu no seu domicilio supostamente porque acordaran a entrega dun pago dunha débeda, que ascendía a uns 2.000 euros.

Como consecuencia do tiroteo, a vítima recibiu tres impactos, en cara, abdome e nunha perna, requirindo ingreso hospitalario debido á gravidade das lesións. As dilixencias abríronse por un posible roubo con violencia e unha potencial tentativa de homicidio ou asasinato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade