Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz deixa libre con fianza o autor do atropelo mortal de Conxo, en Santiago

O xuíz deixa libre con fianza o autor do atropelo mortal de Conxo, en Santiago

O atropelo tivo lugar de madrugada na beirarrúa de Poza Real de Arriba, a poucos metros da casa da vítima

G24.gal 25/06/2024 11:54

O xuíz que instrúe o atropelo mortal acontecido en Conxo, Santiago, en outubro pasado, deixa o presunto autor do feito, Iván Méndez, en liberdade tras depositar 30.000 euros como fianza e con medidas cautelares.

Un cambio de titular á fronte do xulgado que leva o caso propiciou que o que ata agora lle negaran ao acusado, por risco de fuga, agora lle permita agardar libre a celebración do xuízo con xurado popular que terá lugar en Santiago. A instrución do sumario está case rematada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade