Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz ordena o ingreso en prisión dos dous detidos polo roubo de camións en Ourense

O xuíz ordena o ingreso en prisión dos dous detidos polo roubo de camións en Ourense

Cometeron tres delitos de roubo con forza e dous furtos entre o 7 de outubro de 2023 e o 2 de maio de 2024

Rexistro domiciliario no que foron detidos os acusados. Garda Civil.
G24.gal 24/05/2024 16:31

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense decretou a prisión provisional, comunicada e sen fianza, dos dous detidos por roubar camións, como presuntos autores dun delito continuado de roubo con forza e pertenza a organización criminal.

O xuíz indica no auto facilitado este venres á prensa que é “evidente” que concorre o risco de reiteración delituosa. Por isto, advirte que, de non acordarse a prisión, “continuarán desenvolvendo unha actividade delituosa análoga á que constitúe o obxecto das presentes dilixencias, sendo significativo, neste sentido, o feito de cometer tres delitos de roubo con forza e dous furtos entre o 7 de outubro de 2023 e o 2 de maio de 2024, sen esquecer que non consta que teñan modo de vida coñecido”.

Ademais, engade que un dos arrestados foi condenado nos últimos catro anos “ata en tres ocasións pola comisión dun delito de furto e pola comisión dun delito de roubo con forza”, algo que “evidencia que nos atopamos ante unha persoa que de forma habitual dedícase á comisión de delitos contra o patrimonio”. No auto, o maxistrado explica que no atestado elaborado polos axentes instrutores ponse de manifesto que ambos están a ser investigados pola comisión doutros feitos similares.

“En consecuencia, o único modo efectivo para evitar que a organización criminal da que forman parte os dous detidos siga desenvolvendo a súa actividade delituosa é acordando o ingreso en prisión dos seus membros”, subliña o maxistrado, quen tamén aprecia risco de fuga

Desta forma, conclúe que o ingreso en prisión de ambos é necesario para evitar que se subtraian á acción da xustiza e que continúen coa súa actividade delituosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade