Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz que ditaminou a custodia compartida do neno de Sueca non sabía da condena de maltrato do pai

O xuíz que ditaminou a custodia compartida do neno de Sueca non sabía da condena de maltrato do pai

Ninguén deu conta ao Xulgado de Familia da existencia deste procedemento penal

Esa mesma sentenza suspendía o réxime de visitas para o proxenitor

G24.gal 04/04/2022 21:11

E hai novidades no seguimento do caso do pequeno asasinado onte en Sueca, presuntamente a mans do seu pai. 

Hoxe soubemos que o xuíz que ditaminou a custodia compartida do pequeno non fora informado da condena de maltrato que tiña seu pai.

Ninguén deu conta ao Xulgado de Familia da existencia deste procedemento penal nin da sentenza que suspendía o réxime de visitas para o pai.

Este luns houbo varias concentracións na Comunidade Valenciana en repulsa deste crime de violencia vicaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade