O xuizo polo crime de Oza-Cesuras podería celebrarse antes de que remate o ano
O xuizo polo crime de Oza-Cesuras podería celebrarse antes de que remate o ano
A xuíza desbota a participación doutra persoa
Hai novidades sobre o crime de Oza-Cesuras en que hai un ano faleceu unha muller de 33 anos dun disparo na cabeza. O xuízo podería celebrarse antes de que remate o ano. A titular do Xulgado de instrución número 2 de Betanzos xa trasladou a causa ao tribunal do xurado e nela desbota a participación doutra persoa na morte da muller.
Segundo a versión que deu o acusado, el entrou na casa para roubar, acompañado dun amigo ao que non quixo identificar, e asegurou que foi o seu acompañante quen matou a vítima dun disparo. Non se atoparon probas desa colaboración. O acusado tamén negou que o móbil do crime fose a vinganza por descubrir unha suposta relación entre a súa muller e o home da vítima. Será un tribunal popular quen decida se acepta esta versión.