Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denegan o traslado a un centro dos cans que atacaron unha muller en Muíños

Denegan o traslado a un centro dos cans que atacaron unha muller en Muíños

A xuíza instrutora entende que non procede a medida porque non se trata dunha investigación por un delito de maltrato animal, senón un de lesións por imprudencia

A muller de setenta anos aínda se recupera das trabadas

G24.gal 03/03/2023 10:40

Os cans que atacaron unha muller en Muíños seguirán na aldea ao coidado dos seus donos. Así o acaba de decidir o xulgado de Bande.

A muller pedira que se custodiaran os cans de raza perigosa nun centro axeitado, pero a xuíza instrutora entende que non procede tal medida porque non se trata dunha investigación por un delito de maltrato animal, senón un de lesións por imprudencia, e deben os donos facerse cargo e coidar axeitadamente e velar de que os cans non causen dano ningún.

A denunciante aínda se recupera das secuelas do ataque que sufriu a finais de xaneiro por catro cans, tres deles pitbull. Presentaba trabadas e contusións practicamente por todo o corpo: nas pernas, nas nádegas e no pé esquerdo, que atravesaron de arriba abaixo.

Asegura que a atacaron cando ía buscar grelos a unha leira da súa propiedade.

Xa son poucos os veciños que se atreven a pasear pola aldea de Barxés e os que o fan, levan paus. Piden que os cans non anden soltos, sen bozo, porque aseguran que xa atacaron noutras ocasións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade